Os comezos do Obradoiro Gaitas Gil en Ponteareas foron modestos, na casa familiar, alá por 1991. Nunha pequena habitación anexa ao salón Xosé comeza a fabricar os primeiros instrumentos. En pouco tempo, o lugar foiselle quedando pequeno pla demanda dunhas gaitas que empezaban a ter merecida fama.
No 1999 realízase o traslado a un novo local máis amplo e adecuado. É en esa época cando se incorpora Alfonso ao obradoiro e é nese céntrico lugar, da pontevedresa vila de Ponteareas, donde dende entón se producen algunhas das mellores gaitas do mundo a partir dunha coidada labor artesanal, na que se aplican con todo o esmero as ensinanzas do maestro Corral e as evolucións técnicas por o própio Obradoiro Gaitas Gil.
Na búsqueda sempre dunha constante mellora, o obradoiro fíxose coa máis avanzada maquinaria para a construcción de gaitas, sin abandoar nunca ese remate artesán, manual, que dota ao produto final da sua excepcionalidade.
A tecnoloxía, sin as mans e a experiencia dun artesán, non sirven de moito. Un artesán de hoxe sin tecnoloxía é anacrónico. Gaitas Gil combina o mellor da tecnoloxía co bo facer de anos de experiencia de Jose Manuel e Alfonso, de xeito que os seus instrumentos sacan proveito do mellor dos dous mundos. O Obradoiro conta con ferramentas modernas de precisión que se encargan das tarefas repetitivas e permite que os artesáns adiquen máis tempo ás cousas verdadeiramente importantes nun instrumento musical de calidade, uns remates impecables eunha afinación precisa e estable.
Un exemplo da aplicación de novas técnicas atopámolo no tradeado da madeira onde se utilizan brocas canón monolabiales con punta de carburo de alta profundidade. Estas brocas funcionan con aire frío, grazas ao cal a madeira apenas sofre tensións no momento do seu tradeado, permitindo un acabado interior das pezas en espello e sen as marcas que deixaban as antigas brocas en espiral. Ese acabado final axuda á limpeza e calidade do son.
Recentemente renovouse boa parte da maquinaria do taller con incorporacións como as fresadoras CNC, que ofrecen a posibilidade de realizar gravados personalizados nas virolas ou na madeira das gaitas, e a posibilidade de tradear os buracos dos punteiros cunha exactitude e calidade non conseguidos antes coas brocas comúns.
A finais do ano 2017 o Obradoiro Gaitas Gil trasládase a un novo emprazamento no Centro de Ponteareas . O novo e definitivo local ten mais de 200 metros cadrados, o que nos permite ter nova maquinaria , que antes por motivos de espazo éranos imposible ter,e fai máis cómodo o traballo diario, asi como ter unha exposición das nosas gaitas e poder mostrar as nosas coleccións de gaitas e punteiros , asi como nosa espectacular colección de frautas traveseras antigas.