Obradoiro de Gaitas Gil
Os comezos do Obradoiro Gaitas Gil en Ponteareas foron modestos. Na casa familiar alá por 1991, nunha pequena habitación anexa ao salón, Xosé comeza a fabricar os primeiros instrumentos. En pouco tempo o lugar foise quedando pequeno pola demanda dunhas gaitas que empezaban a ter merecida fama.
En 1999 realízase o traslado a un novo local máis amplo e adecuado. É nesa época cando se incorpora Alfonso ao taller e é no céntrico lugar da pontevedresa vila de Ponteareas, onde desde entón prodúcense algunhas das mellores gaitas do mundo. A partir dun coidado labor artesanal, na que se aplican con todo esmero os ensinos do mestre Corral e as evolucións técnicas realizadas polo propio Obradoiro Gaitas Gil.
En busca sempre dunha constante mellora o taller dotouse da máis avanzada tecnoloxía para a construción de gaitas, sen abandonar nunca ese acabado artesán, manual, que dota ao produto final da súa excepcionalidade.
A tecnoloxía, sin as mans e a experiencia dun artesán, non sirven de moito. Un artesán de hoxe sin tecnoloxía é anacrónico, Gaitas Gil combina o mellor da tecnoloxía co bo facer de anos de experiencia de Jose Manuel e Alfonso. Deste xeito, os seus instrumentos sacan proveito do mellor dos dous mundos. O Obradoiro conta con ferramentas modernas de precisión que se encargan das tarefas repetitivas e permite que os artesáns adiquen máis tempo ás cousas verdadeiramente importantes nun instrumento musical de calidade, uns remates impecables eunha afinación precisa e estable.